top of page
o corpo.png

Habitar non é só vivir nun lugar, non é só ocupar un espazo; é tecer unha relación.

É prestar atención, é coidar. Implica deixarse transformar por aquilo que habitamos. E tamén aceptar que nós transformamos aquilo que habitamos.

Por iso, unha persoa pode habitar unha aldea aínda que viva en Berlín. E outra pode vivir nunha aldea sen chegar nunca a habitala.

​

Habitamos todo aquilo que nos sostén. Habitamos un corpo, unha lingua, unha memoria, unha montaña, unha conversa, unha cociña, un arquivo, unha ausencia, unha tecnoloxía, unha paisaxe ou unha comunidade.

​

Habitar Drados naceu dun territorio aparentemente baleiro, pero profundamente cheo de historias, afectos e formas de vida que resisten ao abandono. Cada verán esa rede faise visible durante uns días. Porén, a comunidade que fai posible o festival continúa existindo durante o resto do ano, espallada entre aldeas, vilas, cidades e países.

​

“Maneiras de Habitar” nace para manter viva esa conversa.

Non pretende ofrecer conferencias nin clases maxistrais. Propón abrir espazos onde artistas, veciñas, colectivos e persoas vinculadas ao festival compartan unha práctica desde a que comprender outra maneira de habitar o mundo.

 

Cada encontro é unha invitación a experimentar e ensaiar outras maneiras de habitar o corpo, a fronteira, o presente, o son ou o plural.  

CÓMO TRABALLAMOS
  • Unha artista, colectivo ou persoa vinculada a Habitar Drados guiará cada encontro. A identidade da persoa convidada será unha sorpresa ata o inicio do obradoiro.

  • En liña. Antes de cada sesión recibirás toda a información necesaria e traballaremos con materiais sinxelos que xa tes na casa.

PROGRAMA

• Habitar o corpo (15/10/26)

• Habitar a fronteira (17/12/26)

• Habitar o presente (18/02/27)

• Habitar o son (17/04/27)

• Habitar o plural (17/06/27)

INSCRÍBETE

• Grupos reducidos
• Duración: 90 minutos
• Prezo: 15 € por obradoiro
• Aberto a todas as persoas, sen necesidade de experiencia previa, só curiosidade

bottom of page